El texto medieval: de la edición a la interpretación

Congreso Internacional: O texto medieval, da edición á interpretación

Santiago de Compostela, 25-26 de mayo de 2010

Organiza el Área de Filoloxía Románica da USC

O Congreso Internacional O texto medieval: da edición á interpretación (Santiago de Compostela, 25 e 26 de maio de 2010) ten por obxectivo analizar a relación entre dous momentos fundamentais da labor filolóxica dos textos literarios: o traballo de edición e a actividade esexética que se deriva do mesmo.

Con este obxectivo, no encontro analizaranse o estado da cuestión e as últimas propostas metodolóxicas no eido da ecdótica, así como as achegas que á edición se realizan desde os estudos da crítica textual, da tradición manuscrita, da lingüística e da historia literaria.

O coloquio pretende ser un foro no que se presenten resultados prácticos de investigacións levadas a cabo por especialistas destacados no seu ámbito científico, pero tamén quere ser un espazo de reflexión e debate no que se expoñan os problemas que encontra o filólogo no seu traballo cotián.

Destinatarios: Investigadores, docentes e estudantes das diferentes filoloxías románicas; egresados da Facultade de Filoloxía e profesores de ensino secundario; persoas interesadas nos estudos de crítica textual e literatura medieval.

Duración: 18 horas. Para obter o crédito de libre configuración, os interesados deberán realizar un traballo (entre 6 e 10 folios), que será equivalente a 12 horas e que debe conter un resumo de, alomenos, 6 conferencias do Congreso, así como unha valoración crítica dos aspectos positivos e negativos da actividade. Este exercicio deberase entregar ós responsables do encontro antes do 15 de xuño do 2010.

Número de prazas: 100

Sede: Salón de Graos, Facultade de Filoloxía

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

w

Conectando a %s